Amegrove coida o mar
O Grove promove un proxecto de economía circular implicando ao sector pesqueiro, ao sector público e a unha entidade de inclusión social.
Obxectivos do proxecto
Obxectivo xeral
Promover o coidado do medio mariño implicando ao sector pesqueiro na recollida e transporte a terra de lixos plásticos, aproveitando as saídas das embarcacións ao mar.
Obxectivos específicos
- Mellorar o proceso produtivo, reducindo a cantidade de refugallos no mar xerados polas actividades marítimo pesqueiras.
- Sensibilizar ao sector pesqueiro sobre a problematica do lixo mariño e a necesidade de coidar do seu medio de traballo.
- Reforzar o traballo en rede no territorio, fortalecendo a colaboración entre entidades de economía social (cooperativas e entidades de inclusión social).
Actividades
Programa de sensibilización ambiental dirixido ao sector pesqueiro
Persoas da Asociación Autismo Bata explicarán aos traballadores e traballadoras do sector pesqueiroa importancia do coidado do mar e que poden facer para axudar a que o mar estea limpo de lixo mariño, sobre todo de plásticos.
Recollida, traslado e deposito do lixo atopado no mar
Os traballadores e traballadoras saen ao mar nos seus barcos a traballar e recollen o lixomariño, sobre todo plástico, que atopan.
Cando os barcos chegan ao Porto de Meloxo o lixo se transportará a un deposito situado nas instalacións de Amegrove.
Que vai pasar despois con ese lixo recollido?
O lixo recollido nos barcos e depositado en Porto Meloxo transportarase a un taller para clasificar e transformar ess residuos de plástico en produtos novos. Isto vaise facer grazas ao proxecto do Concello chamado:
O GROVE SOSTIBLE: economía circular para o coidado do mar